lunes, 14 de marzo de 2022

ME LLAMO PECAS (IGUALDADE DE XÉNERO)

 Bos días nenos e nenas!! Esta semana seguimos traballando a igualdade de xénero co conto "Me llamo Pecas". Despois de ver o conto debuxamos a Pecas e xoguetes cos que pode xogar. Podemos debuxar a Pecas con vestido ou pantalón, con pelo longo ou curto... pois nenos e nenas podemos vestir   como queiramos e xogar cos xoguetes que queiramos independentemente do sexo. O que non podemos esquecer é de poñerlle pecas pois o seu pai púxelle o nome de Pecas porque tiña moitas pecas.

            Bicos a mestra Silvia.



miércoles, 23 de febrero de 2022

A CORESMA (SEMANA 21-25 DE FEBREIRO)

 Bo día nenos e nenas!!! Esta semana estamos de troula no cole, vimos disfrazados cos mandadiños do meco. Ademais temos vacacións de entroido. Sabedes que o mércores despois de entroido é mércores de cinza e que ese día comeza a coresma. A coresma é o tempo de preparación para Pascua e dura 40 días. Estes pingüíns cóntannolo. Despois de visionar o vídeo pintamos a palabra coresma de morado e o neno eo camiño hacia a pascua da cor que queirades.

                                                                Bicos a mestra Silvia.

 

 


 

 

 



lunes, 14 de febrero de 2022

SAN VALENTÍN(SEMANA DO 14-18 DE FEBREIRO)

 O 14 de febreiro celébrase o día de San Valentín, día do amor e da amizade. Escoitamos o conto "Adivina cuánto te quiero" e coloreamos un osiño para agasallarlle a persoa que máis queiramos.

                Bicos a mestra Silvia.










domingo, 6 de febrero de 2022

EL ARCA DE NOÉ (SEMANA DO 7-11 DE FEBREIRO).

 Bo día nenos e nenas!!! Esta semana imos coñecer a historia de Noé. Un bo home que construíu unha arca. Sabedes que é  unha arca?, Que é un diluvio? Que meteu Noé na arca? Descóbreo vendo o conto. Despois podedes xogar co Memory online de animais da arca de Noé así como colorear a ficha. 

                                                                Bicos a mestra Silvia.

 



ENLACE AO XOGO:






lunes, 31 de enero de 2022

CARACOL E VERMIÑO (SEMANA DO 31 DE XANEIRO AO 4 DE FEBREIRO)

 Bo día nenos e nenas!!!!

Hoxe deixovos o conto "CARACOL E VERMIÑO" para recordar a importacia de compartir. Despois de ver o conto facemos a ficha. Nos recadros poñemos os nomes (CARACOL, FOLLA E VERMIÑO), despois rematamos de facer os círculos do corpo de vermiño e coloreamos.  

                                                    Bicos;

                                                                A mestra Silvia.






            


lunes, 24 de enero de 2022

OS INGREDIENTES DA PAZ (SEMANA 24-28 DE XANEIRO)

 

Continuamos traballando o día da paz... Hoxe falamos de que a paz construímola entre todos cos nosos actos polo que fixemos a nosa propia receita  da paz . Primeiro, falamos dos ingredientes da tortilla de patacas e despois xogamos a dicir palabras e adiviñar se eran paz ou non paz. Por exemplo, amor, bico, agarimo, abrazo, tranquilidade, pegar, empurrar, berrar,...As palabras que reflicten  paz escribímolas entre todos na lousa para despois escribir 3 no noso arco da vella.  Os nenos de 5 anos copian eles e os de 3 e 4 escribímolas as mestras/mamás e despois repasamos con rotulador e pintamos o arco da vella.

                                                            Bicos, a mestra Silvia

lunes, 17 de enero de 2022

A POMBA DONA PAZ (SEMANA DO 17-21 DE XANEIRO)

 

 Ola nenos e nenas! Neste mes de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o 30 de xaneiro.  Polo que comezamos vendo un conto de Ramón Caride: "A pomba Dona Paz". Dona Paz é unha pombiña que sae cada mañá   a ver o que pasa no mundo , pero o que ve non lle gusta nada porque ela quere un mundo cheo de amor e paz.  Aquí vos deixo o conto e unha  pomba para que  elaboredes.  Primeiro debedes pintar o peteiro e as patas, despois recortar ou picar  e pegarlle as ás e unha palliña coa axuda da vosa familia. 

                                    Moitos bicos , a mestra Silvia.

 

 


                          UNHA VEZ REMATADA  DEBERÍA QUEDAR ASÍ. MOITO ÁNIMO.