lunes, 31 de enero de 2022

CARACOL E VERMIÑO (SEMANA DO 31 DE XANEIRO AO 4 DE FEBREIRO)

 Bo día nenos e nenas!!!!

Hoxe deixovos o conto "CARACOL E VERMIÑO" para recordar a importacia de compartir. Despois de ver o conto facemos a ficha. Nos recadros poñemos os nomes (CARACOL, FOLLA E VERMIÑO), despois rematamos de facer os círculos do corpo de vermiño e coloreamos.  

                                                    Bicos;

                                                                A mestra Silvia.






            


lunes, 24 de enero de 2022

OS INGREDIENTES DA PAZ (SEMANA 24-28 DE XANEIRO)

 

Continuamos traballando o día da paz... Hoxe falamos de que a paz construímola entre todos cos nosos actos polo que fixemos a nosa propia receita  da paz . Primeiro, falamos dos ingredientes da tortilla de patacas e despois xogamos a dicir palabras e adiviñar se eran paz ou non paz. Por exemplo, amor, bico, agarimo, abrazo, tranquilidade, pegar, empurrar, berrar,...As palabras que reflicten  paz escribímolas entre todos na lousa para despois escribir 3 no noso arco da vella.  Os nenos de 5 anos copian eles e os de 3 e 4 escribímolas as mestras/mamás e despois repasamos con rotulador e pintamos o arco da vella.

                                                            Bicos, a mestra Silvia

lunes, 17 de enero de 2022

A POMBA DONA PAZ (SEMANA DO 17-21 DE XANEIRO)

 

 Ola nenos e nenas! Neste mes de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o 30 de xaneiro.  Polo que comezamos vendo un conto de Ramón Caride: "A pomba Dona Paz". Dona Paz é unha pombiña que sae cada mañá   a ver o que pasa no mundo , pero o que ve non lle gusta nada porque ela quere un mundo cheo de amor e paz.  Aquí vos deixo o conto e unha  pomba para que  elaboredes.  Primeiro debedes pintar o peteiro e as patas, despois recortar ou picar  e pegarlle as ás e unha palliña coa axuda da vosa familia. 

                                    Moitos bicos , a mestra Silvia.

 

 


                          UNHA VEZ REMATADA  DEBERÍA QUEDAR ASÍ. MOITO ÁNIMO.



miércoles, 12 de enero de 2022

Os 3 Reis Magos(semana do 10-14 de xaneiro)


 Bo día nenos/as !!!  Comezamos un novo trimestre con novas aprendizaxes,  experiencias e ilusións. Esta primeira semana na clase de relixión estamos a recordar como foron estas  vacacións  de Nadal ; falamos de cantos son os Reis e de que son os tres diferentes  e escribimos os seus nomes.

 Aquí vos deixo a ficha. Coloreamos os Reis Magos e escribimos coa axuda da familia os seus nomes. Un saúdo a mestra Silvia.